Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Belén Caballo Villar

Profesora Titular de Universidade

belen.caballo@usc.es

881 811 000 ext. 13746

Principais liñas de investigación

Políticas socioculturais; cidades educadoras; desenvolvemento comunitario; tempos educativos-tempos sociais; pedagoxía do lecer.

Biografía

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (premio fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, 1991). Doutora en Ciencias da Educación pola citada Universidade, con premio extraordinario de doutoramento (1997). Desde 1996 son PDI do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago, na que exerzo como Profesora Titular de Pedagoxía Social desde o ano 2003. Actualmente concentro a docencia no Grao en Educación Social e no Máster Universitario de Investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Membro inicial do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea, GI-1447 de la USC) -constituído en 1999- continúo desenvolvendo o meu labor no marco deste equipo, recoñecido pola Xunta de Galicia (desde o ano 2006) como Grupo de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego. Conto con 4 sexenios de investigación e levo participado en máis de 40 proxectos (competitivos de carácter autonómico, estatal e internacional) e/ou contratos de investigación, asumindo a condición de IP en 9 ocasións. As miñas liñas de traballo céntranse en: Educación Social; políticas socioculturais, cidades educadoras, desenvolvemento comunitario local; tempos educativos-tempos sociais; pedagoxía do lecer. Veño participando activamente en diferentes redes de investigación, fun secretaria da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (2002-2008) e desde 2023 son presidenta da Rede de equipos de investigación en ocio OcioGune, recoñecida como Rede de Excelencia Investigadora (RED2018-102625-T) no marco del Programa estatal de Xeración do Coñecemento e Fortalecemento Científico (2017-2020) do Goberno de España. Manteño un compromiso continuado coa titorización de TFG, TFM, bolseiras e bolseiros de colaboración e teses de doutorado. Ata o momento, dirixín ou codirixin 11 teses (defendidas), 6 delas vencelladas a Programas de Formación de Personal Investigador FPU ou similar. Actualmente, son directora ou codirectora doutros 6 proxectos de tese, 1 deles asociado ao Programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU). Tamén veño asumindo de forma continuada responsabilidades de xestión universitaria: na secretaría do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social (1997-2002; 2013-2015); secretaría da Facultade de Ciencias da Educación (2002-2010); Coordinadora de Programas de Doutorado (1998-2001); Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutorado en Educación (2013-2018) e vogal (2018 ata a actualidade); Coordinadora do Grao en Educación Social (2011-2013); representante no claustro universitario polo sector de PDI (2014-2018).

Tese

Os modelos organizativos da administración local no horizonte da cidade educadora: realidades e perspectivas no contexto español

Publicacións destacadas

  • Caballo, M.B. y Tonucci, F. (2025). Comprendiendo el pensamiento de Francesco Tonucci… con Francesco Tonucci. Revista de Innovación Educativa, 35, https://doi.org/10.15304/ie.35.10407
  • Caballo, M.B., Gradaílle, R. y Formoso, M. (2024). El ocio de la adolescencia: la compleja gestión y armonización de sus tiempos. Caurensia, 19, 1191-1214. https://doi.org/10.17398/2340-4256.19.1191
  • Gradaílle, R., Varela, L. y Caballo, M.B. (2024). Profesionales de la acción cultural municipal: necesidades formativas ante la transformación digital. Prisma Social, 46, 29-53. ISSN 1989-3469
  • Caballo, M.B., Gradaílle, R. y Martínez, R. (2023). Conciliación familiar de los tiempos cotidianos con hijos e hijas en educación primaria: impactos del confinamiento. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 43, 31-45. https://doi.org/10.7179/PSRI_2023.43.02
  • Caballo, M.B., Varela, L. y Martínez (2020). La educación familiar del ocio: una responsabilidad compartida. En J.A. Caride, M.B. Caballo y R. Gradaílle (coords.). Tiempos, educación y ocio en una sociedad de redes (pp. 123-138). Octaedro. ISBN: 978-84-18348-91-4

Proxectos de investigación

  • Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica: realidades y desafíos para la educación en contextos escolares y sociales (RESCLIM@TIEMPO), [Referencia: PID2022-136933OB-C21]. Convocatoria do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación. Proxecto de xeración do Coñecemento, investigación orientada, tipo coordinado. Datas: 2023-2026. Investigadora. Cuantía: 65.000 €
  • Educación y conciliación para la equidad: análisis de su incidencia en los tiempos escolares y sociales de la infancia (CON_TIEMPOs), [Referencia: RTI2018-094764-B-100]. Convocatoria Plan Nacional de I+D+i_Orientada aos Retos da Sociedade do del Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades – Axencia Estatal de Investigación do Goberno de España. IP: M. Belén Caballo Villar (IP1) e Rita Gradaílle Pernas (IP2). Datas: 2019-2022. Cuantía: 72.600 €
  • Educar el ocio: realidades y perspectivas en clave intergeneracional, integral e inclusiva en una sociedad de redes [Ref. EDU2015-65638-C6-1-R]. Convocatoria Plan Nacional de I+D+i_2015-2018 do Ministerio de Economía e Competitividade. IP: José A. Caride (IP1) e Belén Caballo (IP2). IP2. Datas: 2015-2018. Cuantía: 14.000€.
  • Formación e profesionalización na acción cultural pública en Galicia (xerf@). Convenio de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. (29/08/2019 2020-31/05/2020). Investigadora. Financiación: 33.000€

Docencia

  • Servizos educativos e cuturais na Educación Social. Materia obrgatoria. 2º curso Grao en Educación Social
  • Educación e desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos. Optativa. 3º curso Grao en Educación Social
  • Educación do ocio e desenvolvemento comunitario. Optativa. 4º curso Grao en Educación Social
  • A conciliación dos tempos educativos e sociais. Optativa. Master Universitario de investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario
  • Educación Social e Políticas culturais. Optativa. Master Universitario de investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario

Ligazóns

  • ORCID

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar