Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Laura María Varela Crespo

Profesora Titular de Universidade

laura.varela@usc.es

881 811 000 ext. 13748

Principais liñas de investigación

benestar social; servizos sociais; educación do ocio; tempos educativos e sociais; desenvolvemento comunitario.

Biografía

Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (2013, premio extraordinario). Educadora social e pedagoga, con premio extraordinario na Diplomatura (2005) e Licenciatura (2007). Forma parte do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, de referencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia. Na súa traxectoria investigadora, ten realizado estadías de investigación na Universidade de Barcelona (España), na Federal de Río Grande do Sul (Brasil) e na Pontifica Universidade Católica de Valparaíso (Chile). Ten participado como membro do equipo en múltiples proxectos: Erasmus+, Plan Nacional de I+D+i, de carácter autonómico, contratos/convenios con Administracións Públicas (Xunta de Galicia, Concellos) e entidades privadas (Fundación La Caixa). As súas liñas de investigación se centran nas seguintes temáticas: benestar social; servizos sociais; educación do ocio; tempos educativos e sociais; desenvolvemento comunitario. Nos últimos anos ten asumido responsabilidades na dirección de teses de doutoramento vinculadas ao campo da Pedagoxía-Educación Social e conta con 2 sexenios de investigación da CNEAI. Ademais forma parte de diversas Redes de investigación e sociedades científicas vinculadas ao campo da Pedagoxía Social. En canto á actividades de transferencia, ten participado en varios convenios de colaboración con entidades (Fundación Emaús Social, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia) orientados á mellora das intervencións socioeducativas e ás prácticas profesionais das educadoras e educadores sociais. Como docente, ten impartido docencia nos títulos de Grao en Educación Social e Pedagoxía, tamén no Máster de investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario e no Máster universitario en profesorado de Educación Secundaria, fundamentalmente en materias vinculadas ás políticas educativas e sociais, ao benestar, ao desenvolvemento comunitario e aos servizos sociais. Forma parte de diversas comisións académicas, tanto de Máster como de Doutorado, e asume actualmente a coordinación do Grao en Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela.

Tese

La Educación Social en las políticas públicas de bienestar programas, experiencias e iniciativas pedagógico-sociales en los servicios sociales comunitarios. 2013. Dirixida por Dr. José Antonio Caride Gómez.

Publicacións destacadas

  • Formoso-Silva M., Varela-Crespo L., e Caballo M. B. (2025). Factores familiares que apoyan la educación de la infancia en entornos vulnerables: oportunidades para el logro educativo. Revista Complutense de Educación, 36(2), 129-138. https://doi.org/10.5209/rced.93176
  • Caride, J.A., Caballo, M.B., Gradaílle, R., e Varela-Crespo, L. (2025). Investigación sobre educación social. En M. Santos (coord.), A investigación educativa en Galicia (pp. 113-162). Galaxia.
  • Gradaílle, R., Varela-Crespo, L., e Caballo, B. (2024). Profesionales de la acción cultural municipal: necesidades formativas ante la transformación digital. Revista Prisma Social, 46, 29-53. https://revistaprismasocial.es/article/view/5529
  • Fraguela, R., Varela-Crespo, L., Varela-Garrote, L., e Carretero, M. (2021). The influence of gender and family educational background on leisure satisfaction among Spanish adolescents. International Journal of Adolescence and Youth, 26(1), 391-404. DOI: 10.1080/02673843.2021.1970595
  • Varela-Crespo, L. (2021). Análisis DAFO del quehacer profesional de la Educación Social en los servicios sociales: posibilidades y límites. Revista complutense de educación, 32(2), 217-226.

Proxectos de investigación

  • Membro do equipo de investigación:  Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica – Generación de Conocimiento 2022 – Proyectos investigación orientada (2022-PN235). Ref.PID2022-136933OB-C21 (IPs: Rita Gradaílle; Pablo Meira).
  • Teach digital (2020-PI138) Ref.2020-1-UK01-KA204-078929 (IP: Rita Gradaílle).
  • Desarrollo del programa Caixaproinfancia en la Comunidad Autónoma de Galicia (2018-CL020) (IP: José Antonio Caride).
  • Procesos y prácticas educativas para la transición a una cultura de la sostenibilidad y la cooperación en Galicia y República Dominicana -investigación acción- Grupos de investigación en materia de cooperación para el desarrollo- 2017 (2017-PG106) Ref.PR815A 2017/12 (IP: Germán Vargas).
  • Educar el ocio: realidades y perspectivas en clave intergeneracional, integral e inclusiva en una sociedad de redes. – RETOS 2015 (2015-PN146) Ref.EDU2015-65638-C6-1-R (IP: José Antonio Caride). 

Docencia

  • Grao en Educación Social: Materias de “Educación Social, servizos sociais e iniciativa cidadá”; “Pedagoxía Social”: “Prácticum II”; “Traballo de fin de grao”
  • Máster de investigación en Educación, Diversidade cultural e Desenvolvemento comunitario: Materias de “Políticas educativas, inmigración e benestar social”; “Traballo de fin de Máster”. 
  • Máster de profesorado en Educación Secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas: Materia de “Educación, sociedade e política educativa”. 

Ligazóns

  • ResearchGate
  • ORCID

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar