
Kylyan Marc Bisquert i Pérez
Profesor Axudante Doutor LOSU
Principais liñas de investigación
Educación Ambiental, Agroecoloxía, Ecocidadanía, Movementos Sociais, Transición Ecosocial
Biografía
Graduado en Educación Social e Doutor en Educación pola USC, cun Máster en Cultura de Paz pola Universidade de Córdoba. Ademais de pertencer ao grupo de investigación SEPA-interea e de exercer a docencia na Área de Teoría e Historia da Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, tamén é investigador asociado do Centre de recherche en éducation et formation relatives à l’environnement et à l’écocitoyenneté (Centr’ERE) da Université du Québec à Montréal (Quebec, Canadá), onde realizou unha estadía posdoutoral de dous anos no marco do programa Margarita Salas. A súa traxectoria académica céntrase nos movementos sociais e os procesos socioeducativos con persoas adultas relacionados co exercicio da ecocidadanía dende un enfoque ecosocial. A súa investigación se articula arredor da Educación Ambiental, a Agroecología, a Pedagogía Social, a Educación do Consumo, a Educación para a Emerxencia Climática e a Ecocidadanía, privilexiando as metodoloxías participativas e colaborativas. Dende unha perspectiva crítica e transformadora, profundiza en enfoques transdisciplinares, pluriepistemolóxicos e na integración de ontoloxías relacionais na investigación educativa. Ten participado en distintos proxectos de investigación e intervención educativa e ten publicado en numerosas revistas científicas e libros académicos. Actualmente forma parte do equipo de investigación do proxecto Resclim@Tiempo, coordinado entre a USC e a Universidad de Granada.
Tese
A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a dieta e o sistema agroalimentario como eixos da sustentabilidade (2021)
Publicacións destacadas
- Bisquert, K.M., Meira, P.Á. e Agúndez-Rodríguez, A. (2023). Ecociudadanía y educación del consumo alimentario. Buenas prácticas socioeducativas en iniciativas ciudadanas de consumo responsable (Pedagogia Social. Revista Interuniversitaria, 42, pp.181-195. https://doi.org/10.7179/PSRI_2023.42.12)
- Conde, J.J., García-Vinuesa, A., Bisquert, K.M. e Meira-Cartea, P.Á. (2024). RESCLIMA: Two Decades of Research in Educational and Social Responses to Climate Change (University Initiatives on Climate Change Education and Research. Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-031-25960-9_109-1)
- Bisquert, K.M., Lapointe, S., Rebêlo, G. e Agundez-Rodriguez, A. (2024). L’agroécologie : un regard pluriépistémologique et transdisciplinaire (Éducation relative à l’environnement: Trajectoires, perspectives et défis contemporains. Presses de l’Université du Québec. pp.53-72. https://doi.org/10.1515/9782760559929-007)
- Bisquert, K.M., Pardellas, M. e Alonso, F.J. (2022). Educación para una alimentación sostenible y saludable (Libro Blanco de la Alimentación Sostenible en España. Fundación Alternativas e Fundación Carasso, pp.296-325)
- Bisquert; K.M. e Meira, P.Á. (2019). Validação de instrumento de recolhimento de dados para uma aproximação desde a educação ambiental ao movimento social agroecológico na Galiza e sua dimensão socioeducativa (Ambiente & Educação. Universidade Federal do Rio Grande – FURG. 24(2), pp.236-266. https://doi.org/10.14295/ambeduc.v24i2.9731)
Proxectos de investigación
- Fame Cero: ecocidadanía global eagroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 (ENREDA) . Fase 1. [PR804A-2025-00000006] – Proxecto de Educación para o desenvolvemento e a ciudadanía global a executar polas ONGS (Cooperación Galega, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Xunta de Galicia). Investigación desenvolvida no marco dun convenio de colaboración asinado entre a USC e Manos Unidas, do que Kylyan Marc Bisquert i Pérez é o IP (01/09/2025- 31/08/2026)
Docencia
- Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade (Graos en Educación Social e en Pedagoxía)
- Formación e Profesionalización en Educación Social (Grao en Educación Social)
- Pedagoxía Social (Grao en Educación Social)
- Acción Socioeducativa en Persoas Adultas e Maiores (Grao en Educación Social)
- Educación, Sociedade e Política Educativa (Máster en Profesorado de Secundaria)
