Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

José Antonio Caride Gómez

Catedrático de Universidade

joseantonio.caride@usc.es

881 811 000 ext. 13754

Principais liñas de investigación

Educación Social e Pedagoxía Social, Políticas educativas e culturais, Tempos educativos e sociais, Cidadanía e Dereitos Humanos, Educación Ambiental e sustentabilidade

Biografía

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio Extraordinario. Catedrático de Pedagoxía Social no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da USC, á que se incorporou como profesor en decembro de 1979, desempeñando varios cargos académicos (Director de Departamento, Vicedecano da Facultade, Subdirector do Instituto de Ciencias da Educación). Desde 2016 a 2018 foi Comisionado pola USC para o “Campus da Cidadanía”, nas áreas de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, as Artes e Humanidades. Desde 1997 ata xaneiro de 2025, dirixiu o Grupo de Investigación “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPA-interea) na USC, sendo tamén o coordinador-IP da Rede de Grupos de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC); ambas de “Referencia Competitiva” no Sistema Universitario de Galicia. Vicepresidente da Rede OcioGune, de excelencia investigadora (2019-2022) e Presidente da Rede de Investigación “Novas e Inclusión Social”, financiada polo Programa Europeo EEAGrants_Cidadanía Activa (2015-2018); coordinador dos proxectos Erasmus+ KA226 e KA227 no período 2021-2023: “Innovation in Climate Change-School science e-learning One Health” (InnoEDUC02, coordinación xeral Concello de Outes); e “Creatividade colectiva na alfabetización cinematográfica para un Turismo de Acción polo Clima (EDUCINEMA Clima Tour Action” (coordinador xeral e IP). Investigador Principal (IP) en 23 proxectos de I+D+i competitivos, financiados pola Unión Europea, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e outros organismos de ámbito nacional, rexional ou local, e de 18 contratos ou convenios de colaboración con diferentes Administracións e institucións de ámbito local, autonómico, nacional e internacional. Desde 2017 é Director Asociado de Pedagoxía Social. Revista Interuniversitaria. Entre 2003 e 2008 dirixiu Adaxe. Revista de Estudos e Experiencias Educativas (USC). Autor de máis de 500 achegas en libros, monografías, capítulos, actas de congresos, artigos, etc. en distintos idiomas e países, dirixiu 54 teses doutorais defendidas e presentado centos de relatorios ou comunicacións en congresos e reunións científicas. Pertence a máis de trinta consellos e/o comités científicos e editoriais de revistas en Ciencias Sociais e da Educación, así como de diversos comités de Avaliación e Acreditación de ámbito nacional e internacional, nalgúns deles como presidente. Desde 2018 a 2023 coordinou área de Ciencias da Educación na Axencia Estatal de Investigación, adscrita ao Ministerio de Ciencia e Innovación; desde xaneiro de 2021, vogal do subpleno académico-investigador e do plenario da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CENEAI-ANECA). Presidente ou Vogal en Comités de Avaliación e/o Axencias de ámbito universitario, nacional e internacional: ANEP, ANECA, ACSUG, AGAUR e AQU_Catalunya, DEVA-AAC_Andalucía, ACSUCYL, ACPUA, CNEAI-ANECA, UNIBASQ, ACIE, ACCUE, Fundación La Caixa, USAL, UNILEON, ADISPOR e A3É_Portugal, CNA_Chile, ANVUR_Italia, ColCiencias_Colombia. Profesor visitante de varias Universidades europeas e latinoamericanas, entre 2002 e 2013 presidiu a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), da que é membro fundador. En 2004, en Chile, foille concedida a “Orde ao Mérito Institucional” do Consello Mundial dá Educación-World Council For Curriculum and Instruction, distinción á que se engaden outros premios e recoñecementos académicos e científicos (6 sexenios de investigación e un de transferencia de coñecemento, e 6 quinquenios de docencia valorados positivamente); Sarmiento de Honra da Facultade de Ciencias da Educación (2019) e Insignia Fonseca da USC (2018), o IX Premio José Manuel Esteve de investigación (Universidade de Málaga, 2019) e da Academia Nacional de Educación Ambiental (na que é membro honorario) e da Universidad de Guadalajara (México, 2025).

Tese

Ruralidad, Educación Institucional y desarrollo social en Galicia (defendida o 29 de xaneiro de 1983)

Publicacións destacadas

  • Caride, J. A. e Meira, P. A. (2001). Educación Ambiental y Desarrollo humano. Ariel
  • Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Gedisa
  • Caride, J. A. (coord.) (2009). Los derechos humanos en la educación y la cultura: de los discursos políticos a las prácticas educativas. Homo Sapiens
  • Caride, J. A. e Trillo, F. (dirs.) (2010). Dicionario Galego de Pedagoxía. Editorial Galaxia
  • Caride, J. A., Caballo, M. B. e Gradaílle, R. (coords.) (2020). Tiempos, educación y ocio en una sociedad de redes. Octaedro.

Proxectos de investigación

  • Análisis, evaluación y mejora de los procesos de intervención para la emancipación de jóvenes en dificultad y/o riesgo social (Convocatoria competitiva Programa de Ciudadanía Activa del EEEuropa-Fondos EEA Grants (2013-2015). Ref.: Eje 3: 73.200 € (IP).
  • De los tiempos educativos a los tiempos sociales: la construcción cotidiana de la condición juvenil en una sociedad de redes. Problemáticas específicas y alternativas pedagógico-sociales_RESORTES. Proyecto coordinado, Plan Nacional I+D+i MINECO-FEDER (2012-2015). Ref.: EDU2012-39080-C07-01: 76.340 € (IP).
  • Educar el ocio: realidades y perspectivas en clave intergeneracional, integral e inclusiva en una sociedad de redes_ENREDOS. Plan Nacional_Proyectos I+D+i_2015 MINECO-FEDER). (2016-2018). Ref.: EDU2015-65638-C6-1-R: 16.949 € (IP).
  • Creatividad colectiva y educación comunitaria en la alfabetización cinematográfica para un turismo de acción por el clima (EDUCINEMA). KA227: Asociaciones para la Creatividad y la Educación Escolar. Programa Erasmus+. UE-Ministerio de Universidades-SEPIE; Ref. 2020-1-ES01-KA227-SCH-096314 (2021-2023): 247.060,00€ (IP). Reconocido como buena práctica por la Unión Europea: https://www.educinema-cta.org/ https://erasmus-plus.ec.europa.eu/projects/search/details/2020-1-ES01-KA227-SCH-096314

Docencia

  • Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos (1º curso no Grao en Pedagoxía)
  • Pedagoxía Social (2º curso nos Graos en Educación Social e Pedagoxía)
  • Investigación para o cambio socioeducativo (Máster en Educación, diversidade e desenvolvemento comunitario local)
  • Programas de Doutorado.

Ligazóns

  • ORCID
  • Google Académico
  • Dialnet
  • Portal da investigacíon USC
  • Academia

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar