Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Francisco Xosé Candia Durán

Profesor Colaborador

francisco.candia@usc.gal

982 821 019

Principais liñas de investigación

Educación en contextos rurais, mulleres na historia da educación, normalización lingüística na universidade, educación ambiental, renovación pedagóxica.

Biografía

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Fin de Carreira (1993). Acada a Suficiencia Investigadora no Departamento de Teoría e Historia da Educación da USC (1995). Comeza a actividade docente universitaria, inicialmente como bolseiro de investigación (e en titulacións de Educación Social), na Facultade de Ciencias da Educación da USC (1995-2008) e no Departamento de Ciências Históricas e da Educação da Universidade Portucalense Infante D. Henrique (Porto) (1998-2001). Desde 1999 é profesor na Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo, USC), centro desde onde veu contribuíndo á formación de profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, impartindo docencia nos ámbitos da Teoría da Educación, da Historia da Educación, da Pedagoxía Social e da Educación Rural, en diferentes diplomaturas, graos, mestrados, cursos de verán e cursos de especialización, e desenvolvendo numerosas actividades de extensión cultural. Entre outras responsabilidades académicas exercidas naquela Facultade, foi coordinador do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil (2011-2019), coordinador do Plan de Desenvolvemento Sostible (2013-2019) e coordinador da Comisión de Normalización Lingüística (desde 2006). Orienta a súa especialización principalmente ao campo da educación en contextos rurais, aínda que tamén ten dedicado atención a outros eidos: mulleres na historia da educación, normalización lingüística na universidade, educación ambiental, pedagoxía social, renovación pedagóxica etc. Respecto de todos eles publicou contribucións diversas en monografías e revistas, e asistiu, organizou e interveu en congresos e actividades de formación. Forma parte do grupo de investigación SEPA-interea da USC (GI-1447) desde os inicios deste (1999). A través del, tense implicado en diversos proxectos e contratos de investigación, publicacións, congresos e outras actividades de creación e difusión cultural. En canto a revistas profesionais, foi correspondente para Galicia de “Cuadernos de Pedagogía” (1995-2000), membro do comité científico-asesor de “Interea visual” (2005-2007), revisor de “REDU. Revista de docencia universitaria” (2012-2023), e membro do consello editorial e responsable da sección “Educación no rural” da “Revista galega de educación” (desde 2005). Resultou premiado por unha iniciativa de normalización lingüística na universidade (2011) e por un proxecto de aprendizaxe-servizo de introdución da perspectiva de xénero na docencia universitaria (2020). Forma parte de diferentes sociedades e redes académicas (SIPS, RIBETER, REdACamCliS, SGEA…) e ONG. É membro activo dos grupos de traballo de Normalización Lingüística e de Educación no Rural do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, así como da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.

Publicacións destacadas

  • López Pardo, A. e Candia, F.X. (2014). A loita pola educación no rural galego: unha teima que non acouga. Apuntamentos para unha historia do período 1975-2014. Innovación Educativa, 24, pp. 173-214. http://dx.doi.org/10.15304/ie.24.2218
  • Meira, P.Á., Candia, F.X., Iglesias, L. e Gradaílle, R. (coords.) (2022). Educación Ambiental y Cultura de la Sostenibilidad. Construyendo la transición ecológica. Santiago de Compostela: Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social [Actas do Congreso Internacional SIPS 2021-XXXIII Seminario Interuniversitario de Pedagogía Social “Educación Ambiental y Cultura de la Sostenibilidad: construyendo la transición ecológica”. Lugo, 28-29/10 e 04-05/11/2021]. http://hdl.handle.net/10347/29231
  • Candia, F.X. (2023). A Pedagoxía con nome de muller: o alumnado de maxisterio de Lugo pon en valor as educadoras da historia. Revista Galega de Educación, 85, pp. 54-59. https://rge.gal/paper/a-pedagoxia-con-nome-de-muller-o-alumnado-de-maxisterio-de-lugo-pon-en-calor-as-educadoras-da-historia/
  • Varela, Á. e Candia, F.X. (2023). Os modelos PAI e Casa Niño de atención á infancia rural en Galicia. Revista Galega de Educación, 87, pp. 68-72. https://rge.gal/paper/os-modelos-pai-e-casa-nino-de-atencion-a-infancia-rural-en-galicia/
  • Candia, F.X., Ferradás, R.L., López Pardo, A., Pereiro, M.C. e Veiga, F. (2024). Educación e mundo rural en Galicia: reflexións sobre a realidade e suxestións de mellora. En J.A. Caride e J. Rodríguez (coords.) Realidades e horizontes da educación en Galicia. Pontevedra: Kalandraka, pp. 89-104.

Docencia

  • Educación en Contextos Rurais (Graos en Mestra/e de Educación Infantil e de Educación Primaria)
  • Teoría e Historia da Educación Escolar (Grao en Mestra/e de Educación Primaria)
  • Prácticum I (Grao en Mestra/e de Educación Primaria)

Ligazóns

  • ORCID
  • Web of Science ResearcherID: K-2446-2015
  • Google Académico

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar