
Francisco Sóñora Luna
Profesor asociado P4 na área de Didáctica das CC. Experimentais. Dedicación principal no corpo de Catedráticos de Ensino Secundario.
Principais liñas de investigación
Didáctica CC. Experimentais, Proxectos KA2 Erasmus+, Climántica, Argumentación en Didáctica das CC. Experimentais e Modelización en Didáctica das CC. Experimentais.
Biografía
Francisco Sóñora é Doutor en Educación e Licenciado en CC. Bioloxicas e en Filosofía e CC. da Educación (sección Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa dedicación principal está en Corpo de catedráticos de ensino secundario con destino definitivo no IES Virxe do Mar, onde ensina Bioloxía de 2º de Bacharelato, Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato e Bioloxía e Xeoloxía en 4º de ESO. Nese IES exerce os cargos de Coordinador de Programas Internacionais e de Xefe de Departamento de Ciencias Naturais. Dende o ano 2016 é PDI Profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela onde na actualidade ensina Análise de experiencias interdisciplinares e Novas tendencias na educación ambiental no Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas e Deseño de Investigacións Educativas en Ciencias na Educación Secundaria no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.e no Programa de Doutoramento en Educación. No 2006 creou Climántica, un proxecto programa de Edución Ambiental, no marco dun concurso de méritos derivado dun convenio entre as administracións educativas e ambientais da Xunta de Galicia. A execución dese proxecto como piar educativo do Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático espertou o interese da ONU que o recomendou no 2010 para o uso docente. No 2019 ese proxecto recibiu o máximo patrocinio da UNESCO. Da súa plataforma pedagóxica derivan nove proxectos financiados, que tamén deseñou este docente: Climatlantic-FEDER Intereg (2010-2012), cinco Erasmus+ do sector escolar: EduCO2cean KA201 (2016-2018) , e-InnEduCO2 KA 226 (2021-2023), EDUCINEMA ClimateTourAction KA227 (2021-2023), EduCO2Health KA220 (2023-2026), eCO2Rivers KA210 (2024-2026), dous proxectos de Cooperación territorial e Innovación educativa da Secretaría de Estado do Educación: Cuatro Climas (2022-2024) e Cinco climas entre los ríos y los barrancos del cambio climático (2024-2026) e un proxecto financiado pola FECYT Oceántica (2013-2014). Publicou diversos artigos en revistas de Pedagoxía e de Didáctica e é coautor de libros de Pedagoxía Escolar. Tamén participou como relator e membro de comités organizadores de diferentes congresos nacionais e internacionais. Dende o 1 de xullo de 2002 ao 31 de agos de 2006 dirixiu o IES Espiñeira. Dende o 1 de setembro de 2006 ata o 31 de agosto de 2012 foi Asesor técnico de Educación Ambiental da Xunta de Galicia, e durante ese tempo tamén foi membro do Observatorio Galego de Educación Ambiental da Xunta de Galicia.
Tese
Sóñora, F. (2023). Desarrollo de las capacidades de argumentación en ciencias de la naturaleza y educación ambiental (Doctoral dissertation, Universidade de Santiago de Compostela).
Publicacións destacadas
- Sóñora, F., Sesto, V., & García-Rodeja, I. (2025). Ninth-grade students’ interactions and co-construction of arguments during a teaching unit on soil science: F. Sóñora et al. Cultural Studies of Science Education, 1-29.
- Sóñora, F., & García-Vinuesa, A. (2020). Climántica: un proyecto pedagógico-social y de educación ambiental en la lucha contra el cambio climático.
- Sóñora, F., Fernández, E., Carrión, C. B., & Alonso, A. (2019). Investigación de Ecoloxía Escolar nunha pradaría de Zostera nolteii. Innovación educativa, (29), 27-43.
- Sóñora-Luna, F., & Alonso-Méndez, A. (2018). Ocean under Global Change: From science to school. International Journal of Environmental and Science Education, 13(2), 97-112. Sóñora, F. (2008). Proyecto de Educación Ambiental Climántica. Revista Iberoamericana de Educación,45(3), 1-10.
Proxectos de investigación
- EduCO2cean KA201 (2016-2018)
- e-InnEduCO2 KA 226 (2021-2023)
- EduCO2Health KA220 (2023-2026)
- eCO2Rivers KA210 (2024-2026),
Docencia
- Análise de experiencias interdisciplinares e Novas tendencias na educación ambiental no Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas
- Deseño de Investigacións Educativas en Ciencias na Educación Secundaria e Didáctica da Bioloxía e Xeoloxía no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas
- Ensino e Aprendizaxe de Ciencias Experimentais II en 3º curso do Grao en Mestre en Educación Primaria
