Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Andrea Maroñas Bermúdez

Profesora interina de substitución

andrea.maronas.bermudez@usc.es

881 811 000 ext. 13817

Principais liñas de investigación

Tempos educativos e sociais/ Educación do Lecer/ Desenvolvemento Comunitario/ Acción socioeducativa con menores e adolescentes/

Biografía

Doutora en Ciencias da Educación e Graduada en Educación Social con Premio extraordinario. Ademais, conta co Máster Universitario de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. Actualmente, é funcionaria de carreira como educadora social no centro de menores Príncipe Felipe (Deputación de Pontevedra); actividade que compaxina coa profesora na Universidade de Santiago de Compostela e a actividade investigadora no seo do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea). Con máis dunha década de vinculación, destaca o seu papel FPU durante a súa traxectoria como doutoranda, así como a participación activa en tres proxectos de investigación do Plan Autonómico da Xunta de Galicia e do Plan Nacional de I+D+i. A nivel académico cómpre sinalar a súa amplia formación en aspectos didácticos, metodolóxicos e docentes (con máis de 400 horas formativas), así como diversos cursos e seminarios vinculados a diferentes ámbitos propios da Educación Social; así como estancias de investigacións. Ademais, complementa a súa visión dos diferentes campos e ámbitos da Pedagoxía-Educación Social coa dimensión profesional, ao exercer como educadora nun centro de menores; o que lle permite asumir a docencia universitaria desde unha perspectiva actual, innovadora e integrando de xeito equilibrado a teoría e a práctica. A súas liñas de investigación reflíctense nas súas publicacións, nas que destacan artigos indexados en SCOPUS, varias contribucións internacionais e máis de 20 contribucións a congresos. A isto hai que engadir a súa experiencia en xestión na organización de seminarios, xornadas e congresos científicos -a nivel nacional e internacional- así como en diferentes entidades do mundo educativo e profesional, asumindo cargos de responsabilidade como a Secretaría do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, ou do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. É membro do Consello de redacción da Revista Galega de Educación e revisora de artigos en revistas indexadas como OCNOS, Bordón ou Pedagogía Social.

Tese

Os Bancos do Tempo en España: un estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social. Sobresaínte CUM LAUDE

Publicacións destacadas

  • Educación del ocio en y con la comunidad: Aportes desde la pedagogía social Perfiles Educativos 2019 | Journal article EID: 2-s2.0-85065415212 Part of ISSN: 01852698 Contributors: Bermúdez, A.M.; García, R.M.; Pernas, R.G.
  • The analysis of compulsory secondary education students’ family leisure time in galicia,Le loisir familial des élèves du secondaire en Galice,El ocio familiar del alumnado de educación secundaria obligatoria en galicia Bordon. Revista de Pedagogia 2019 | Journal article DOI: 10.13042/Bordon.2019.68380 EID: 2-s2.0-85077394398 Part of ISSN: 23406577 02105934 Contributors: Crespoy, L.V.; Bermúdez, A.M.
  • Leisure time shared as a family: A socio-educational interpretation of the galician situation Pedagogia Social 2018 | Journal article DOI: 10.7179/PSRI_2018.32.06 EID: 2-s2.0-85062624141 Part of ISSN: 19899742 11391723 Contributors: Maroñas Bermúdez, A.; Martínez García, R.; Varela-Garrote, L.
  • Investigar en clave de tiempo: una aproximación a tres proyectos 2020-12-01 | Book chapter DOI: 10.36006/16264-11 Contributors: Yésica Teijeiro Bóo; Uxía Bolaño Amigo; Andrea Maroñas Bermúdez

Proxectos de investigación

  • A conciliación nos tempos cotiás da infancia en Galicia: problemáticas específicas e alternativas pedagóxico-sociais e prácticas de lecer nas escolas, familias e comunidades. CONCILIAD@S. EMERXENTES (2014-PG004) Ref. EM2014/006
  • Educar el ocio: realidades y perspectivas en clave intergeneracional, integral e inclusiva en una sociedad de redes. – RETOS 2015
  • Educación y conciliación para la equidad: análisis de su incidencia en los tiempos escolares y sociales de la Infancia – RETOS 2018 (2018- PN109)

Docencia

  • Accións socioeducativa con persoas adultas e maiores
  • Traballo Fin de Grao
  • Educación Social, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Local

Ligazóns

  • ORCID

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar