Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Equipo de investigación

O Grupo SEPA-interea ten como valor fundamental contribuír ao desenvolvemento dunha investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental comprometida cos valores cívicos e os dereitos humanos, mediante un labor académico e investigador que dea resposta aos desafíos da sociedade contemporánea dende unha perspectiva ética, pedagóxica e social.

Para isto, o Grupo SEPA-interea conta cun amplo equipo de investigación composto por 28 integrantes (incluíndo persoal docente e investigador, persoal investigador en formación e contratados en actividades de investigación) e 45 colaboradoras externas. Este cadro de persoal, coordinado polo catedrático Pablo Ángel Meira Cartea, acredita unha ampla e diversificada transferencia de coñecemento, reflectida en artigos, capítulos, libros, monografías, informes, entre outros. Superando os 200 artigos publicados en revistas nacionais e internacionais durante os dez últimos anos, moitos deles en publicacións indexadas cun índice de calidade relativo (ISI-JCR, SCOPUS…). A esta produción engádese a dirección e titorización de numerosas Teses de Doutoramento, Traballos de Fin de Mestrado e de Grao.

Doutra banda, o grupo mantén un elevado nivel de financiación externa, acadada mediante a concorrencia a convocatorias competitivas. Así, na última década logrou o recoñecemento para máis dunha vintena de proxectos do ámbito europeo, nacional e autonómico, ao igual que diversos contratos con empresas e entidades tanto públicas como privadas.

Así mesmo, ten promovido, organizado e participado en numerosos congresos e xornadas tanto de carácter internacional como estatal, vencelladas a redes, entidades e colectivos coas que mantén unha colaboración continuada en distintos países e lugares do mundo. A isto engádese a súa activa participación en sociedades científicas e iniciativas comprometidas cunha visión crítica e transformadora da educación.

Persoal Docente e Investigador
Persoal Investigador en Formación
Persoal colaborador
Persoal investigador Visitante
Antigos Membros

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar