Julio Esparís Pereiro
Contratado Predoutoral (FPU)Graduado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio a Excelencia Académica ao alumnado de grao universitario oficial da Xunta de Galicia (2015-2019).
Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (2019-2020).
Na actualidade está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación. A súa tese enfocase nas políticas culturais e a animación sociocultural en Galicia no século XXI.
Dentro do grupo está vinculado as liñas de investigación de “Educación e desenvolvemento comunitario”, “Educación Social e Políticas Culturais na Administración Local” e “Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos”. Forma parte do proxecto “Educación y conciliación para la equidad en los tiempos escolares, familiares y sociales de la infancia” (CON_TIEMPOs).
ORCID: 0000-0002-4101-6389
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Julio-Esparis-Pereiro
LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/julio-espar%C3%ADs-pereiro/