Grupo de Investigación SEPA

Xabier Riádigos Couso

Xabier Riádigos Couso

Contratado predoutoral (FPU)

Estudante do Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Graduado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio a Excelencia Académica ao alumnado de grao universitario oficial da Xunta de Galicia (2017/2018; 2019/2020) e con Premio Extraordinario (2020/2021).

Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (USC, 2021-2022, Premio Extraordinario).

Actualmente é beneficiario das Bolsas para a iniciación á investigación para alumnado de Máster (curso 2021-2022) que convoca a Universidade de Santiago de Compostela, iniciando así a súa andaina no eido da investigación social e educativa.

Así mesmo, está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación. A súa tese versará sobre a participación social das infancias e adolescencias, con especial interese no ámbito local a través dos órganos e estruturas de participación infanto-xuvenil.

Dentro do grupo está vinculado ás liñas de investigación de "Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos", "Tempos educativos e sociais, pedagoxía do ocio" e “Educación e desenvolvemento comunitario”. Forma parte do proxecto “Educación y conciliación para la equidad en los tiempos escolares, familiares y sociales de la infancia” (CON_TIEMPOs).

 

ORCID: 0000-0002-4522-6922

Researchgate

LinkedIn