ORCID: 0000-0003-3969-4647
Enxeñeiro en Telecomunicacións (Son e Imaxe) pola Universidad de Castilla La Mancha (2000 – 2006).
Certificado de Aptitude Pedagóxica pola Universidad de Murcia (2006 – 2007).
Mestre de Educación Primaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (2012-2016).
Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario pola USC con Premio Extraordinario Fin de Máster (2016 -2017).
A súa traxectoria académica e profesional combina os ámbitos da Tecnoloxía, as Ciencias Naturais e as Ciencias Sociais:
No ámbito da Enxeñería participou no programa Leonardo Dá Vinci realizando 600 horas prácticas como técnico de son en Gravisom Estudo, en Lisboa, e que xunto á súa formación en acústica de estudos rematou coa participación no proxecto “ Ghost Town Estudo” (Albacete, 2011), participando no deseño do estudo de son e na gravación de 4 discos. Traballou en 7 campañas de extinción de incendios como técnico da Unidad Móvil de Meteorología y Transmisiones (UMMT) do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, o que lle permitiu entrar en contacto co sector da xestión forestal no contexto galego.
Traballou no Museo de Ciencias de Castilla La Mancha (MCCM, 2007 – 2011) realizando o programa de divulgación científica “Ciencia en Ruta”. Tras a finalización do programa do MCCM, iniciou en Galicia un
proxecto de divulgación científica, coa mesma denominación, en centros de Educación Primaria e Infantil mentres cursaba os seus estudos de Mestre na USC.
A Pedagoxía e a Didáctica son as áreas onde se integra dentro das Ciencias Sociais. Deseñou dous xogos educativos: “
Pachamama” e “
Fair Energies”, o primeiro deles editado en 2015 a través dun
crowdfunding. Ambos se enmarcan dentro da súa liña de investigación actual, a Educación Ambiental, onde participa en diversos proxectos como: membro do equipo investigador no proxecto
Resclima, como colaborador en “
Descarboniza que non é pouco" e, como coordinador de educadores en
Climántica.
A súa tese está vinculada á liña de investigación de educación ambiental, cultura da sustentabilidade e alfabetización climática, máis concretamente na percepción do cambio climático na Educación Secundaria.