Aida Lorenzo Campos
Contratada Predoutoral (FPU)Técnico Superior de Animación Sociocultural (2012-2014).
Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela (2014-2019).
Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (USC, 2019-2020).
A súa traxectoria académica e profesional está estreitamente vinculada ao eido da animación sociocultural, á participación social e á acción voluntaria, ademais do ocio e tempo libre.
Na actualidade está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación. A súa tese versa sobre participación social, asociacionismo e políticas culturais, con título “Educación, cidadanía e empoderamento colectivo: análise de boas prácticas para a acción comunitaria en Galicia”.
Dentro do grupo está vinculada ás liñas de investigación de “Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos”, “Animación sociocultural e comunidades de aprendizaxe”, “Formación e profesionalización en educación social” e “Políticas e acción socioeducativa na Administración Local: educación, cultura, deporte e servizos sociais”.
ORCID: 0000-0001-8040-8732
Linkedin: Aida Lorenzo Campos | LinkedIn