Grupo de Investigación SEPA

Francisco Xosé Candia Durán

Francisco Xosé Candia Durán

Profesor Colaborador

Tras licenciarme en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e logo de acadar a suficiencia investigadora no seu Departamento de Teoría e Historia da Educación, comecei a miña traxectoria como docente universitario na Universidade Portucalense Infante D. Henrique (Porto), e desde 1999 son profesor na Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo, USC).

 

Desde este centro veño contribuíndo á formación de profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, impartindo docencia en diferentes diplomaturas, graos, másters e cursos de especialización.

 

Entre outros cargos académicos exercidos na Facultade mencionada destaco a coordinación do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil (2011-2019) ou a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible (2013-2019).

 

Sempre en relación cos meus ámbitos de especialización (educación en contextos rurais, educación ambiental, pedagoxía social, renovación pedagóxica, lingua galega e ensino), asisto, organizo ou interveño en congresos e seminarios, desenvolvo actividades de extensión cultural, e participo en diferentes sociedades académicas e organizacións non gobernamentais.

 

A nivel investigador, e á marxe de diversas contribucións publicadas en libros e revistas, dentro do grupo de investigación SEPA-interea veño colaborando en numerosas investigacións e proxectos desde os seus inicios.

 

Tamén participo desde 2005 no consello editorial da “Revista galega de educación”, que edita o movemento galego de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, do que formo parte.

 

ORCID: 0000-0002-1932-5660

 

Scholar Google

Researchgate