Os días 26 e 27 de outubro de 2018 a cidade de Santiago de Compostela acollerá o IV Seminario Internacional Resclima e o 2º Encontro da Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática.
Nesta ocasión poñemos a mirada sobre o papel dos sistemas educativos, outorgando atención preferente á inclusión do CC no curriculum e na praxe educativa da educación secundaria. Neste nivel, os e as adolescentes teñen a primeira oportunidade de conectar formalmente coas ciencias do clima coa madurez necesaria para aprehender na súa complexidade os retos do CC e os cambios necesarios para transitar cara un mundo sostible e xusto.
Entendemos que una resposta ao CC que sexa eficaz e urxente dende o sistema educativo require aplicar un “curriculum de emerxencia climática” que converta esta ameaza nun compoñente central do quefacer pedagóxico en todos os niveis educativos e, principalmente, na educación secundaria.
-
Representacións sociais do cambio climático no alumnado e o profesorado de educación primaria, secundaria e universitaria.
-
A Educación para o cambio climático no sistema educativo universitario e non universitario.
-
Comunicación do cambio climático e cidadanía.
-
A educación nas políticas de cambio climático.
-
Educación para o cambio climático e xustiza ambiental.
Para máis información facer click AQUI