Cursos e Seminarios

 Esta xornada ten a súa orixe nas clases da materia de Contextos Educativos-2º Pedagoxía.

Durante os dous últimos anos vimos organizando esta iniciativa de forma presencial, pero a situación actual lévanos a propoñer que a edición deste ano sexa virtual, coa intención de mantela viva.

Os obxectivos principais son:

  • Reflexionar as oportunidades da pedagoxía en tempos de crise.
  • Dar a coñecer contextos profesionais da pedagoxía.

Queremos agradecer a colaboración de tódalas persoas que fan posible esta xornada: en primeiro lugar ao alumnado de 2º, 3º e 4º, ás/aos profesionais que comparten as súas experiencias, ao Grupo de Investigación SEPA- interea e á Facultade de Ciencias da Educación da USC.

 

PROGRAMA

PRESENTACIÓN DA XORNADA                                                                                                                                                                    

ALUMNADO DE 3º E 4º DE PEDAGOXÍA

 

OPORTUNIDADES DA PEDAGOXÍA EN TEMPOS DE CRISE REFLEXIÓNS                                                                       

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR DO GRUPO SEPA-interea

ALUMNADO DA MATERIA DE CONTEXTOS EDUCATIVOS 2º PEDAGOXÍA:

PROFESORADO DA MATERIA DE CONTEXTOS EDUCATIVOS - 2º PEDAGOXÍA

 

 EXPERIENCIAS PROFESIONAIS DA PEDAGOXÍA