Cursos e Seminarios

Os vindeiros días 23 e 24 de abril, terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela, as xornadas Pedagoxía da Oportunidade. Do contexto persoal ao contexto global, organizadas dende a materia de Contextes Educativos, do 2º curso do Grao en Pedagoxía, e coas que colabora o grupo SEPA-interea.

Neste evento presentarase a perspectiva da Pedagoxía da Oportunidade e abordaranse así mesmo, a través de conferencias, mesas de experiencias e obradoiros, cuestións relativas á inclusión de persoas en risco de exclusión social, á Educación para toda a vida, ás pedagoxías alternativas ou á Educación Emocional.

A inscrición é de balde, se ben hai que facela con anterioridade a través do formulario online dispoñible na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScENTWYhC32wNVPJZ-tJMD_nyUMv93RAxd0206RM7e733Uqkw/viewform?usp=sf_link

Máis información nos perfís das xornadas en redes sociais:

https://www.facebook.com/pedagoxia.daoportunidade.9

https://twitter.com/XornadaPeO

https://www.instagram.com/pedagoxiadaoportunidade/