Dende o noso grupo apoiamos estas iniciativas de colaboración interuniversitarias como promotoras dunha mellora do coñecemento e da formación das nosas investigadoras e dos nosos investigadores.
O membro do grupo Antonio García Vinuesa inicia esta semana a súa primeira estadía na Facultad de Educación da Universidad de Granada, máis concretamente no Departamento de Métodos de Investigación y Diagnósticos en Educación (MIDE), onde será titorizado polo Catedrático José Gutiérrez Pérez, colaborador do grupo SEPA-interea no Proxecto Resclima.