Martes Pedagóxicos
O seminario de formación permanente e investigación "Martes Pedagóxicos" desenvolto en colaboración entre o grupo Sepa-interea e o grupo RODA retoma a súa actividade o vindeiro Martes día 8 de Maio.
O seminario de formación permanente e investigación "Martes Pedagóxicos" desenvolto en colaboración entre o grupo Sepa-interea e o grupo RODA retoma a súa actividade o vindeiro Martes día 8 de Maio.
Os vindeiros días 23 e 24 de abril, terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela, as xornadas Pedagoxía da Oportunidade. Do contexto persoal ao contexto global, organizadas dende a materia de Contextes Educativos, do 2º curso do Grao en Pedagoxía, e coas que colabora o grupo SEPA-interea.
O cambio climático (CC) é o gran reto do século XXI. Para eludir os peores escenarios que prognostica a ciencia é preciso adoptar cambios profundos nas nosas sociedades. Urxe tomar conciencia da vulnerabilidade humana diante desta ameaza, así como aceptar a maior responsabilidade das sociedades que más teñen contribuído ás emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), que contrasta coa menor capacidade das sociedades infra-desenvolvidas para responder aos efectos dun clima fora de control.
A resposta efectiva á alteración antrópica do clima é, ademais, urxente. As alarmas prendidas pola comunidade científica advirten que temos escaso tempo para reaccionar. En poucos años haberá que emprender unha gran transformación social, económica e enerxética para evitar o colapso da civilización tal e como a coñecemos.
Nesta encrucillada sorprende a lentitude coa que avanzan as políticas climáticas. O CC ocupa un lugar marxinal na area pública e dista moito de ser un tema prioritario para os tomadores de decisións ou para a poboación en xeral. O CC valórase como unha ameaza difusa, aprazada no tempo e afastada no espazo. O obxectivo fundamental dos programas educativos e de comunicación na próxima década debe ser converter o CC nun problema relevante e significativo.
Dende o noso grupo apoiamos estas iniciativas de colaboración interuniversitarias como promotoras dunha mellora do coñecemento e da formación das nosas investigadoras e dos nosos investigadores.
Os días 26 e 27 de outubro de 2018 a cidade de Santiago de Compostela acollerá o IV Seminario Internacional Resclima e o 2º Encontro da Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática.
Descrición da actividade:
A presente proposta formativa é parte dunha investigación maior denominada “Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e República Dominicana – investigación acción”, sintetizado no acrónimo “ALIANZA TERRA”, inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrado na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida coa superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental, económica e social.