Cursos e Seminarios

Neste curso o grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) comenza cunha serie de sesións formativas tituladas: Seminario de Formación Interna.

O obxectivo de estas sesións é compartir os coñecementos dos membros do grupo en saberes relacionados co ámbito de investigación educativa sexa desde unha perspectiva educativa cuantitativa, cualitativa ou mixta, no que respecta á elección de instrumentos e técnicas para a obtención e a análise da información, de adopción de marcos explicativos e interpretativos, converxencias multi e interdisciplinares, etc.

E por iso que esta iniciativa pretende crear unha canale de difusión, reflexión e colaboración entre os membros do grupo e, cando sexa factible, tamén aberto ao conxunto da comunidade universitaria.

 

Trátase dunha iniciativa aberta, tanto no que respecta á asistencia, como á achega de propostas de formación, intercambio de coñecemento, fomento da interdisciplinariedade, etc.

 

Ler máis: Seminario de Formación Interna (curso 2022 - 2023)

 Esta xornada ten a súa orixe nas clases da materia de Contextos Educativos-2º Pedagoxía.

Durante os dous últimos anos vimos organizando esta iniciativa de forma presencial, pero a situación actual lévanos a propoñer que a edición deste ano sexa virtual, coa intención de mantela viva.

Os obxectivos principais son:

  • Reflexionar as oportunidades da pedagoxía en tempos de crise.
  • Dar a coñecer contextos profesionais da pedagoxía.

Queremos agradecer a colaboración de tódalas persoas que fan posible esta xornada: en primeiro lugar ao alumnado de 2º, 3º e 4º, ás/aos profesionais que comparten as súas experiencias, ao Grupo de Investigación SEPA- interea e á Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Ler máis: Oportunidades da Pedagoxía en Tempos de Crise

Desde a Universidade das Illas Baleares, a través do grupo de investigación GIFES ponse en marcha o curso de Experto Universitario en Prevención de drogodependencias.
O curso integra o material do Currículum Universal de prevención e o material desenvolvido no proxecto UPC-Adapt, no que participou o grupo, que tiña como obxectivo proporcionar un currículum estandarizado en prvención para Europa. Representa pois, unha oportunidade única para traballar con este completo currículum.
A modalidade do curso é online e a matrícula está xa aberta ata o 30 de xaneiro de 2020.
 
Podedes encontrar máis información aquí     
 

O vindeiro mes de setembro o Proxecto Resclima (SEPA-interea) participará na primeira xornada deste interesante curso da universidade de verán organizado polo Grupo de Física No Lineal da USC, presentando metodoloxías e resultados de investigación sobre as representacións sociais do Cambio Climático no ámbito educativo, así como propoñendo liñas para unha Educación para o Cambio Climático capaz de situar na axenda sociopolítica a urxencia e a relevancia do principal reto que afronta a humanidade neste s.XXI.

Ler máis: Curso de verán USC: Cambio Climático: As Cinco Fases Do Duelo (2)

Transferir a investigación pode parecer unha tarefa moi complicada e demandante. As TIC e as nosas competencias dixitais poden facilitar o complicar este proceso.

O próximo mércores 29 de maio teremos a gran sorte de contar coa Dra. Paloma Valdivia (Universitat Autónoma de Barcelona; perfil en Twitter: @hurukuta) para dinamizar a xornada de formación A transferencia social do coñecemento. Impacto e transparencia nas redes sociais.

Aprenderás diversas boas prácticas de transferencia que evidencian como as redes sociais son espazos adecuados para difundir ciencia.

A xornada terá lugar de 10h a 14h na Aula 16 do Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Se ben a actividade é aberta ao público, o aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tras a primeira semana despois da celebración das I Xornadas sobre Conflitos Ambientais no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida), organizadas polo alumnado da materia de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade dos Graos en Pedagoxía e Educación Social, coa colaboración do SEPA-interea, ofrecemos aquí un pequeno resumo do que nos brindou esa tarde de encontro, de convivio, de visibilización de realidades, de intercambio de experiencias e de recoñecemento do exercicio dunha cidadanía activa e comprometida co territorio que habita e defende ante emprendementos que ameazan tanto o patrimonio natural e cultural como a calidade de vida da veciñanza.

Ler máis: Resumo das I Xornadas sobre Conflitos Ambientais en Galicia
Páxina 1 de 3