
A integrante do noso grupo Rita Gradaílle Pernas figura no ranking “Mulleres investigadoras españolas e en España”, recentemente divulgado.
O listado foi elaborado polo Instituto de Políticas y Bienes Públicos (IPP), pertencente ao CSIC, e reúne máis de 12.000 perfís de investigadoras a partir de indicadores como o índice h e o número de citas en Google Scholar e OpenAlex asociados aos perfís ORCID.
A aparición neste ranking supón o recoñecemento da súa traxectoria investigadora, e pon en valor o impacto e a calidade do labor desenvolvido no seo do grupo SEPA-interea, desde o que parabenizamos a nosa compañeira por este novo logro.
Nesta ligazón pódese consultar o ranking completo e os criterios usados para a súa elaboración.






