Desde o Grupo SEPA-interea pretendemos contribuír a situar a Pedagoxía Social e a Educación Ambiental como ámbitos de coñecemento relevantes para as Ciencias Sociais e Humanas e, particularmente, para as Ciencias da Educación.
A actividade docente e investigadora que desenvolvemos toma como eixo vertebrador o compromiso cos valores cívicos e os dereitos humanos.
A Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pluricentenaria con vocación de futuro e capacidade de proxección internacional, atenta ás necesidades da sociedade na que constitúe un referente académico e na que desenvolve o seu labor docente e investigador. Séculos de historia que achegan o valor engadido da solidez académica ás realizacións do presente e aos retos futuros.
Visitar a web de USC >>
O Centro de Estudios de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil (CEPLI) e a FACULTAD DE...
Garabulliño e a Escola Elástica Nova Escola Galega, 1992 Fronte á escola ríxida... non queda máis...
Today 52
Yesterday 32
Week 52
Month 1105
All 38546
Currently are 8 guests and no members online
O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) GI-1447, está adscrito ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela; e está dirixido polo Catedrático de Pedagoxía Social D. José Antonio Caride Gómez. O Grupo foi creado no ano 2000 e ten recoñecida a súa traxectoria investigadora como Grupo de Referencia Competitiva na área de Ciencias Sociais e Xurídicas no Sistema Universitario Galego, contando co financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O GI SEPA-interea pretende contribuír a situar a Pedagoxía Social e a Educación Ambiental como áreas de investigación relevantes para as Ciencias Sociais e da Educación.
Na actualidade traballamos en tres proxectos no ámbito local, nacional e internacional.
Máis información...A nosa experiencia fala por si mesma. Coñece os nosos proxectos finalizados para saber máis sobre nós.
Máis información...Traballamos con calquera institución pública ou privada mediantes convenios e contratos de colaboración.
Máis información...